AXUDÁMOSTE A PREPARAR A TÚA VIAXE

Viaxar con nenos e bebés

Porque viaxar con nenos é máis sinxelo do que parece, preparamos unha sinxela guía que fará a vosa viaxe máis cómoda. Para que gocedes con eles a aventura de coñecer o mundo!

Menores de ata 2 anos

Menores de entre 2 e 15 anos

O voso voo, máis cómodo

vuelo-comodo-img
  • Os nosos avións contan cunha zona preparada para cambiar aos bebés durante o voo.
  • Lembra que podes levar a merenda do cativo na equipaxe de man ou podes elixir o noso menú infantil, pensado especialmente para eles.
  • Non esquezas levar os xoguetes, libros, tableta ou unha videoconsola portátil do teu peque dentro da equipaxe de man. Por cortesía cos demais pasaxeiros, non esquezas os auriculares!
  • A mellor forma para que os nenos non sufran os cambios de presión é empregando chupetes ou biberóns durante o voo.